A Policía Autonómica comisa 25 quilos de ourizo nun operativo de loita contra o furtivismo na Coruña

O marisco incautado foi devolto ao mar e levantouse unha presunta infracción á Lei de Pesca de Galicia

A Coruña, 5 de maio de 2022

A Policía Autonómica incautou onte, 4 de maio, un total de 25 quilos de ourizo na cidade da Coruña no marco dun operativo de loita contra o furtivismo.

No transcurso dun dispositivo na Coruña, a Policía Autonómica procedeu á vixilancia dun home que podería estar extraendo marisco de xeito ilegal na zona costeira próxima ao Colexio Plurilingüe Escravas do Sagrado Corazón de Xesús, o cal interceptaron cando deixaba o lugar con 25 quilos de ourizo.

 

Os ourizos comisados foron posteriormente devoltos ao mar e os axentes levantaron unha acta de presunta infracción á Lei de Pesca de Galicia.

Imaxes relacionadas