Política Social destaca que o ámbito dos coidados avanza cara unha maior integración sociosanitaria

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu á mesa redonda A calidade de vida das persoas maiores en Galicia despois da pandemia. Leccións aprendidas, enmarcada no Plan de Acción da Cátedra Cruz Vermella da USC 2022. Durante o encontro destacou como o Goberno galego avanzou cara unha maior integración sociosanitaria no ámbito dos coidados logo da pandemia da covid-19.

 

Neste sentido, apuntou que o primeiro paso foi a propia creación da Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria que permite atender desde unha perspectiva máis integrada ás persoas maiores. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego aprobou un novo modelo de atención que permite mellorar a calidade asistencial atendendo ás lección aprendidas durante a pandemia.

 

Imaxes relacionadas