A Xunta destaca o papel clave da investigación e da divulgación para a conservación do camiño

Nava Castro participou na presentación do libro de Antón M. Pazos, “Nineteenth Century European Pilgrimages. A New Golden Age”

A directora de Turismo destacou a aposta da Xunta pola labor científica para garantir a conservación da identidade do Camiño de Santiago e a posta en valor do seu patrimonio cultural e natural

Santiago de Compostela, 4 maio de 2022.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación do libro de Antón M. Pazos, Nineteenth Century European Pilgrimages. A New Golden Age, no que narra o rexurdimento da peregrinación relixiosa en toda Europa no século XIX. No acto de presentación, que tivo lugar en Santiago de Compostela, interviron Nava Castro, o director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), Eduardo Pardo de Guevara, e Antón M. Pazos.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo destacou a importancia de promover a investigación nas raíces do Camiño de Santiago, xa que é a maneira de “protexer e preservar o Camiño para garantir a conservación da súa identidade e a posta en valor do patrimonio cultural e natural”. Castro aproveitou a súa presenza para por en valor o récord de peregrinos que selaron a Compostela neste ano, “ culminando o recoñecemento e valoración tanto nacional como internacional que acadan as diferentes rutas de chegada a Santiago”.

 

Destacou así mesmo, o traballo que fan os centos de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e os numerosos estudosos e investigadores que contribúen a manter vivo o legado xacobeo, remarcando o récord de peregrinos que chegaron a Santiago nos inicios de ano e que axudaron a “culminar o recoñecemento e valoración tanto nacional como internacional que acadan as diferentes rutas de chegada a Santiago de Compostela e amosando ao mundo que Galicia é un destino seguro”.

Imaxes relacionadas