A Xunta pon en valor o traballo do Real Padroado Sobre Discapacidade na mellora da accesibilidade e visibilidade das persoas con discapacidade

Mérida (Badaxoz), 4 de maio de 2022

A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, acompañou esta mañá á Súa Maxestade a Raíña Dona Letizia na 30ª reunión do Consello do Real Padroado sobre Discapacidade, onde puxo en valor o traballo desta institución na mellora da accesibilidade e visibilidade das persoas con discapacidade. O encontro tivo lugar na Asemblea de Estremadura, en Badaxoz, tras o que se realizou o acto de entrega dos Premios Raíña Letizia 2021.

 

Estes galardóns están destinados a recoñecer aquelas iniciativas de valor nas esferas da cultura, o deporte, a accesibilidade ou investigación na promoción e incremento dos dereitos das persoas con discapacidade. A conselleira de Política Social en funcións apuntou que Galicia ten avanzado moito neste eido durante os últimos anos, aínda que destacou que queda moito por facer para lograr unha sociedade plenamente inclusiva, solidaria e xusta.

Imaxes relacionadas