Fernández-Tapias felicita ao alumnado do IES A Guía polo Campionato de España de Business Talent

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou o talento, a creatividade, a ilusión, o esforzo e a motivación entre o alumnado do sistema educativo galego

Vigo, 3 de maio de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou hoxe a creatividade, a ilusión, o esforzo e a motivación entre o alumnado do sistema educativo galego. O fixo con ocasión da súa visita ao IES A Guía para felicitar aos catro alumnos que resultaron campións de España no Business Talent que se celebrou recentemente en Madrid, organizado por Herbalife Nutrition e Praxis MMT.

Iría Piñeiro, Ismael Martínez, Jorge Fernández e Sara Gómez destacaron entre os máis de 200 universitarios e estudantes de grado superior que acudiron ao campionato educativo. “Un exemplo do grande talento que temos en Galicia e nomeadamente na área territorial de Vigo”, dixo a representante autonómica, quen citou ao segundo equipo deste centro escolar que quedou quinto na clasificatoria e aos tres universitarios de Vigo que se levaron o bronce.

Imaxes relacionadas