A Xunta anima a empresas e autónomos a solicitar o Bono Enerxía Peme para impulsar o aforro e para mellorar a eficiencia enerxética dos seus locais

Trenor informou que a convocatoria reserva dous millóns de euros para melloras de envolvente, iluminación, instalacións eléctricas e equipamentos no comercio, a hostalería, as actividades artístico-recreativas e outros servizos

O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 14 de xullo, aínda que poderá pecharse antes en caso de esgotamento de crédito

A Coruña, 3 de maio de 2022.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou, esta mañá, que a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ten aberta a convocatoria de axudas do Bono Enerxía Peme para axudar a máis de 350 empresas galegas cos seus gastos e investimentos eléctricos.

 

O delegado territorial da Xunta na Coruña animou aos empresarios e autonómos a solicitar estes apoios nunha visita ao establecemento Droguería Villar, beneficiario dunha achega de case 6.000€ coa orde do pasado ano para reducir os gastos enerxéticos do seu local.

 

O representante do Goberno galego destacou que o ano pasado 54 autonómos e empresarios da Coruña recibiron estas axudas por un importe total de máis de 241.000 euros.

 

“Trátase dunha liña de axudas para actuacións enerxéticas moi importante para pemes, negocios e autónomos que estreamos o pasado ano para reactivar a economía ante a situación económica xerada pola pandemia da covid-19 e coa que recuncamos este exercicio no marco do Plan de Choque da Xunta para afrontar a actual carestía dos produtos enerxéticos e a suba da inflación”, explicou o representante autonómico.

 

O Bono Enerxía Peme 2022 ten aberto o seu prazo de solicitude ata o vindeiro 14 de xullo, aínda que poderá pecharse antes en caso de esgotamento de crédito, e conta cun orzamento global de 2 millóns de euros. As axudas subvencionarán ata o 80% do investimento cun límite máximo de 6.000 euros por solicitude.

 

Poderán pedir estas achegas da Consellería de Economía, Empresa e Innovación os empresarios e autónomos con actividades nos ámbitos do comercio, a hostalería, os traballos artístico-recreativos e outros servizos.

 

Entre os investimentos subvencionables figuran a instalación de elementos de control solar como toldos ou láminas térmicas; a renovación de equipos de iluminación interior e exterior, incluídos os rótulos, por outros de tecnoloxía Led; a mellora da eficiencia enerxética nas instalacións eléctricas; o reemprazo de equipamentos como cafeterías, lavavaixelas, lavadoras ou secadoras, entre outros; a instalación de aparatos de redución de consumo en sistemas de climatización, ventilación ou auga quente; e a implantación de sistemas domóticos e inmóticos.

 
 
COMARCA A CORUÑA
 
SOLICITANTE
TIPOLOXÍA
 AXUDA
CONCELLO PROXECTO
GRUPO OPTICO ALASFONDEVILA, S.L.
Peme
     2.424,86 €
ARTEIXO

CARLOS VARELA SANCHEZ-CABALLERO LUIS VARELA SANCHEZ-CABALLERO

Peme
     4.950,40 €
ARTEIXO
HUEVERIA NIETO, S.L.
Peme
     4.605,10 €
ARTEIXO
ANDRADE VILLAR SL
Peme
     5.334,10 €
ARTEIXO
TODO DEPORTE, S.L.
Peme
     6.000,00 €
BETANZOS
IAGO GONZALEZ BELMONTE
Autónomo

     6.000,00 €

BETANZOS
RITA PICATOSTE LEGAZPI
Autónomo
     2.856,00 €
BETANZOS
TALLERES TURQUINO, S.L.
Peme
     3.339,33 €
CAMBRE
DISTRIBUCIONES MAROÑO E HIJOS, S.L.
Peme
     6.000,00 €
CARRAL
TODO CONSOLAS, S.L.
Peme
     2.584,00 €
CORUÑA (A)
DROGUERÍA VILLAR SL
Peme
     6.000,00 €
CORUÑA (A)
ESTRELLA ROMERO SAR, S.L.
Peme
     5.993,60 €
CORUÑA (A)
JOAQUÍN PEÑALVER BARRAL
Autónomo
     5.712,00 €
CORUÑA (A)
PULPEIRA DE MELIDE SERVICIOS CATERING SL
Peme
     4.806,40 €
CORUÑA (A)
MUEBLES LOUREIRO TOREA, S.L.
Peme
     6.000,00 €
CORUÑA (A)
BLANCOHOSTEL SL
Peme
     2.789,59 €
CORUÑA (A)
BETSAIDA MARTINEZ MARTINEZ
Autónomo
     1.296,40 €
CORUÑA (A)
PARRILLADA BUENOS AIRES SC
Peme
     3.432,00 €
CORUÑA (A)
TERREO COCINA CASUAL SC
Peme
     5.680,00 €
CORUÑA (A)
LIMPIEZAS TEXTILES GÓMEZ Y GÓMEZ, S.L.
Peme
     6.000,00 €
CORUÑA (A)
MARISCOS DEL ORTEGAL SL
Peme
     1.107,17 €
CORUÑA (A)
COMPOSTELA MOTOR, S.A.
Peme
     6.000,00 €
CORUÑA (A)
OSCAR PARGA GARCIA
Autónomo

     6.000,00 €

CORUÑA (A)
INVERSIONES KELNO, S.L.
Peme
     2.792,00 €
CORUÑA (A)
SANTIAGO Y CIA ALMACENES COMERCIALES, S.L.
Peme
     1.787,20 €
CORUÑA (A)
AANTENA SC
Peme
     4.806,24 €
CORUÑA (A)
VIENTO MOLIDO S.L.
Peme
     6.000,00 €
CORUÑA (A)
MARÍA DEL CARMEN NEIRA DOURADO
Autónomo
     5.712,00 €
CORUÑA (A)
MARÍA PILAR PLATA HIERRO
Autónomo
     2.856,00 €
CORUÑA (A)
SAGRARIO DOVALE FERREIRO
Autónomo
     5.712,00 €
CORUÑA (A)
MARIA DEL CARMEN CASTRO MIGUENS
Autónomo
     2.128,80 €
CORUÑA (A)
OPTICA EUSGAL,S.L
Peme
     4.186,29 €
CORUÑA (A)
ORZAN 27-29, S.L
Peme
     3.834,71 €
CORUÑA (A)
BEIRA DO PLAZA SL
Peme
     2.416,00 €
CORUÑA (A)
MARIA BELEN GARCIA YEBRA
Autónomo
     2.916,80 €
CORUÑA (A)
ANTONIO GONZALEZ GONZALEZ
Autónomo
     2.114,29 €
CORUÑA (A)
BREOGAN MOTOR SL
Peme
     6.000,00 €
CORUÑA (A)
TOCTOC LARDABE SLU
Peme
     5.654,40 €
CORUÑA (A)
AGRELO Y REBOIRAS, S.L.
Peme
     3.391,96 €
CORUÑA (A)
PEONIA TEXTILES
Peme
     5.866,34 €
CORUÑA (A)
ANTONIO Y ARGENTINA FERNANDEZ SALGADO SC
Peme
     6.000,00 €
CULLEREDO
MONIJO SL
Peme
     6.000,00 €
CULLEREDO
RESTAURANTE PERLA DO MUIÑO, S.L.
Peme
     5.440,00 €
CURTIS
HOSTELERIA SABINO, S.L.
Peme
     5.883,73 €
CURTIS
MARIA ROSARIO PLACER ALLEGUE
Autónomo
     6.000,00 €
MIÑO
OSCAR MEDIN FIGUEROA
Autónomo
     1.156,00 €
OLEIROS
DARSENA MOTOR SL
Peme
     5.605,68 €
OLEIROS
INVERSIONES KELNO, S.L.
Peme
     6.000,00 €
OLEIROS
INVERSIONES KELNO, S.L.
Peme
     4.024,80 €
OLEIROS
INVERSIONES KELNO, S.L.
Peme
     3.530,64 €
OLEIROS
ANA BELEN PEREZ REGEUEIRO
Autónomo
     6.000,00 €
OLEIROS
BRIAL ÁLVAREZ S.L.
Peme
     4.786,47 €
OLEIROS
ANA SALORIO ESTRADA
Autónomo
     1.877,04 €
SADA
COMUNIDAD DE HEREDEROS DE JOSE MANUEL FARIÑA BABIO
Peme
     6.000,00 €
SADA
TOTAL 54 AXUDAS
 

   241.390,34€

 

Imaxes relacionadas