A Xunta recibe 5 ofertas para executar a mellora do firme na estrada OU-533 ao paso pola Gudiña, o Bolo e Viana do Bolo, que suporá un investimento de case 1,4 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras en verán co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano

Trátase da rehabilitación do firme da estrada OU-533 no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+8 e 33

 

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

A Xunta recibiu 5 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme na estrada OU-533 ao paso polos concellos da Gudiña, O Bolo e Viana do Bolo, que suporán un investimento de case 1,4 millóns de euros.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras en verán co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano.

 

Trátase da rehabilitación do firme da estrada OU-533 no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+8 e 33.

 

Nos treitos que presenten peor estado fresarase unha capa de 5 cm de espesor, que será reposto con mestura betuminosa en quente.

 

Ademais os traballos inclúen a limpeza de gabias e a execución nalgúns puntos de gabias de seguridade formigonadas.

 

Tamén se realizarán intervencións relativas ao repintado da sinalización en todo o treito de actuación.

 

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.