A Xunta aproba a delimitación do núcleo rural de O Pereiro, no concello de A Mezquita

Trátase dun ámbito de máis de 41.000 m2 que se atopa a dous quilómetros da capital municipal

Neste núcleo rural atópanse bens catalogados como a Casa da Inquisición, o muíño da Ponte o a fonte Fontenla

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022.- A Xunta vén de resolver a aprobación definitiva da delimitación do solo de núcleo rural de O Pereiro, no concello da Mezquita.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro do disposto na Lei do solo de Galicia, xa remitiu ao Concello o contido da Resolución da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia.

 

A delimitación, impulsada pola Administración local e aprobada provisionalmente no pleno municipal en marzo deste ano, refírese a un ámbito rural no núcleo do Pereiro, situado ao norte do municipio e a dous quilómetros da capital municipal, que abarca unha superficie de 41.321 m2, ao que se lle asigna a categoría de núcleo rural tradicional.

 

Neste ámbito atópanse bens catalogados como a Casa da Inquisición, o muíño da Ponte ou fonte Fontela.

 

Cómpre lembrar que o concello da Mezquita non conta con ningunha figura de planeamento xeral, polo que se rexe polo Plan Básico Autonómico de Galicia.