Conde subliña a capacidade da industria do márketing e a comunicación de alimentar a creatividade para xerar sorpresa, ilusión, repercusión e innovación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, visitou esta tarde en Pontevedra as instalacións da nova axencia de márketing Recados Carmen que nace da fusión de Elemental Chefs e ICON

Destaca que este novo proxecto mestura talento, xuventude, creatividade e innovación

Pontevedra, 2 de maio de 2022.- O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, destacou hoxe en Pontevedra que a nova axencia de márketing Recados Carmen mestura talento, xuventude, creatividade e innovación. Conde visitou esta tarde as instalacións desta empresa que nace da fusión de Elemental Chefs e ICON.

 

Con sedes tamén en Madrid e Barcelona, a nova compañía sumará unha vintena de empregados para seguir alimentando a creatividade desta industria. Conde subliñou a capacidade do sector do márketing e a comunicación para xerar sorpresa, ilusión, repercusión e innovación no mercado.

 

Na súa intervención lembrou o apoio da Xunta de Galicia ao emprendemento e informou de que o pasado ano 2021 creáronse un 23% máis de empresas que antes da pandemia. Para seguir mellorando estas cifras, o Goberno galego traballa na Axenda de emprendemento na que se continuará apostando por fórmulas que están funcionando como os espazos coworking, as business factory, programas como Galicia Emprende Rural ou os distintos instrumentos financeiros.

Imaxes relacionadas