Política Social asiste á XX Xuntanza de confraternidade para os nosos maiores de Porto do Son

Porto do Son (A Coruña), 1 de maio de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á XX Xuntanza de confraternidade para os nosos maiores de Porto do Son, que tivo lugar no xardín da zona portuaria da localidade.

 

Fernando González Abeijón destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa atención ás necesidades e preferencias das persoas maiores. Neste sentido, recordou que o Goberno galego pon en marcha programas innovadores que teñen como obxectivo achegar igualdade de oportunidades aos maiores do rural e das cidades. Así, salientou medidas como o autobús de Coidados Porta a Porta, as casas do maior ou o programa Xantar na casa.

Imaxes relacionadas