O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo un encontro de traballo con representantes da Federación

Política Social achega a Fegadace as vantaxes da atención sociosanitaria para as persoas con dano cerebral

A entidade coñeceu de primeira man as funcionalidades das unidades de coidados in-termedios que o Goberno galego poñerá en marcha

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2022

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo un encontro con representantes da Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) na que se abordaron as vantaxes da atención sociosanitaria para as persoas con este tipo de doenza.

 

Antón Acevedo achegoulles información sobre a posta en marcha das primeiras unidades de coidados intermedios, destinadas a persoas que necesitan unha atención específica durante un tempo tras recibir a alta hospitalaria, pero que non deben ingresar nunha residencia. O antigo hospital do Rebullón, en Mos, acollerá proximamente unha instalación destas características, xunto a outros servizos, como un centro de saúde, unha residencias de maiores e unha escola infantil.

 

Así mesmo, ao abeiro do compromiso da Xunta para mellorar a atención ás persoas con dano cerebral, o director xeral e a Federación acordaron avanzar nunha colaboración para a posta en marcha dun programa de formación continuada de profesionais deste eido.

 

O Goberno galego ten na atención á discapacidade un eixo prioritario de actuación. Deste xeito, este ano a Consellería de Política Social destina 141,7 millóns de euros, a cifra máis alta que destinou a este eido a Xunta, para acadar unha Galicia de oportunidades para todos.

Imaxes relacionadas