O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade asistiu hoxe ao recoñecemento póstumo que a Asociación Galega San Francisco organizou pola traxectoria do relixioso

A Xunta agradece o labor do Pai Carlos Ortiz na inserción das persoas con discapacidade na sociedade galega

O Goberno galego xa lle fixera entrega, polo seu incansable traballo, do ma´ximo recon~ecemento da Comunidade Auto´noma, a Medalla de Galicia.

Vigo, 30 de abril de 2022

 O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando Gonza´lez Abeijo´n, agradeceu o labor do Pai Carlos Ortiz na inserción das persoas con discapacidade na sociedade galega. Fíxoo no recoñecemento póstumo que organizou a Asociación Galega San Francisco (Agasfra) ao relixioso no Centro San Francisco de Vigo.

 

O representante da Consellería de Política Social recordou que o pai Carlos Ortiz pelexou por ofrecerlle ás persoas con discapacidade a visibilidade, o coidado e a atención que merecen. Neste sentido, puxo en valor que, en recoñecemento do seu labor, a Administración autonómica entregoulle no 2001 o máximo recoñecemento da Comunidade Autónoma, a Medalla de Galicia.

 

Así mesmo, Fernando González Abeijón subliñou que toda a sociedade galega está en débeda con el por permitir que a discapacidade ocupe un lugar destacado tanto nas políticas públicas como no día a día de calquera cidadán. Ademais, agradeceu á Asociación Galego San Francisco a organización deste día de lembranza e agradecemento.

Imaxes relacionadas