Nava Castro recibe á escritora Kim Nam Hee, autora do 'bestseller' que deu a coñecer o Camiño en Corea

Acompañada dun grupo de peregrinas coreanas, vén de rematar nestes días a súa peregrinación a Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 29 abril de 2022

A escritora coreana, Kim Nam Hee, foi recibida hoxe xunto cun grupo de peregrinas coreanas na Axencia de Turismo de Galicia pola directora de Turismo, Nava Castro, e a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, ao remate da súa peregrinación a Santiago.

A súa novela A viaxe dunha muller soa, relata a súa peregrinaxe a Santiago de Compostela a través do Camiño Francés e foi galardoada co V Premio Aymeric Picaud, co que se valora a súa difusión do Camiño de Santiago en Corea do Sur.

O impacto do libro en Corea propiciou que moitos compatriotas se animaran a facer o Camiño, sobre todo nos meses de inverno. A evolución na chegada de peregrinos coreanos pasou de só 18 peregrinos en 2004 a máis de 8.000 en 2019.

Ademais, en 2020 foi o quinto país que máis peregrinos achegou ao Camiño, pese á  pandemia, e o primeiro país en peregrinos na tempada baixa, só por detrás da española. No que vai de ano chegaron a Santiago 289 peregrinos procedentes deste país

Imaxes relacionadas