O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe os centros de atención diúrna do municipio ourensán

A Xunta destinou máis de 75.000 € para a posta en marcha de dúas casas do maior no Concello de Monterrei

O Goberno galego achegou arredor de 15.000 para acondicionar e equipar cada un dos dous centros, e outros preto de 25.000 euros para o garantir o seu funcionamento durante este ano

Durante os últimos anos Galicia viviu unha transformación dos seus servizos sociais coa creación de 83 casas do maior
 

Monterrei (Ourense), 29 de abril de 2022.- A Xunta destinou 75.000 euros para a posta en marcha de dúas casas do maior no concello de Monterrei. O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá os centros de atención diúrna que veñen de abrir as súas portas no municipio ourensán, onde salientou o servizo de conciliación que prestan aos seus veciños.

 

Durante o acto Fernando González Abeijón sinalou que a creación de 83 casas do maior repartidas por toda a Comunidade permite ofrecer recursos de conciliación e atención naqueles concellos máis pequenos do rural. Así, o Goberno galego axuda no equipamento e no mantemento anual destas instalacións a través dunha achega de 15.000 euros para a adecuación de cada centro e outros 25.000 euros anuais para o seu funcionamento diario.

 

Nova convocatoria casas do maior

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade adiantou que a Xunta seguirá incrementando a extensión desta rede autonómica de casas do maior para atender a todos os concellos que carecen deste tipo de recursos. De feito, nas vindeiras semanas darase a coñecer a resolución dunha nova convocatoria de axudas, que permitirá a apertura de 30 novos centros.

Imaxes relacionadas