Miranda avalía co embaixador de España en Panamá a situación da colectividade galega

Panamá, 28 de abril de 2022

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo nas últimas horas na cidade de Panamá unha reunión co embaixador de España neste país, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia, con quen analizou a situación da colectividade galega tras estes dous últimos anos de pandemia.

A reunión, na que tamén estivo presente Gabriel Alou Forner, segunda xefatura da Embaixada, tamén se solicitou a colaboración desta representación diplomática para dar a coñecer as políticas de retorno da Xunta de Galicia, serviu para dar continuidade a colaboración que ambos departamentos desenvolven en prol dos galegos residentes en Panamá e das entidades que os agrupan.
 

Imaxes relacionadas