A Xunta salienta os beneficios da música nos maiores durante a actuación do cuarteto da coral Casablanca na residencia de Barbadás

Barbadás (Ourense), 21 de abril de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá a residencia de maiores Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, que acolleron unha nova edición das actuacións musicais que a Xunta está a programar nos centros públicos autonómicos e que foran suspendidas ante as medidas de contención da covid-19.

Tralo acto, Fernando González Abeijón salientou os beneficios que ten a música nas persoas maiores, e felicitou ao cuarteto da Fundación Casablanca de Vigo pola súa actuación. O Goberno galego retomou estas actividades a última semana de marzo na residencia de maiores da Pobra do Caramiñal.

Imaxes relacionadas