O Sergas publica as listas definitivas de selección temporal nas categorías de facultativo especialista de área, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio

Neste procedemento xeráronse un total de 2.645 inscricións

A especialidade con maior número de persoas admitidas é Medicina Interna con 160, seguida de Anestesioloxía e Reanimación cun total de 156

Así mesmo, publícanse as puntuacións definitivas correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos como persoal médico de Hospitalización a Domicilio
 

Santiago, 27 de abril de 2022.-

O Diario Oficial de Galicia' title='https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2022/20220427/Secciones2_gl.html">'>https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2022/20220427/Secciones2_gl.html"> (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva de admitidos, excluídos e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de 43 categorías/especialidades de persoal facultativo de atención hospitalaria e médico de admisión e documentación clínica.

 

Neste procedemento, xeráronse un total de 2.645 inscricións. Así, a especialidade con maior número de persoas admitidas é Medicina Interna con 160, seguida de Anestesioloxía e Reanimación cun total de 156

 

Con esta publicación, dáse cumprimento ao establecido na Orde da Consellería de Sanidade de 22 de abril de 2021, pola que se acordou un réxime transitorio para a aplicación das novas listaxes de aspirantes a nomeamentos temporais de persoal estatutario licenciado sanitario do nivel de atención hospitalaria. Estas novas listas, ademais da actualización de méritos das inscricións admitidas no anterior proceso, inclúen as novas solicitudes presentadas ata o 30 de xuño de 2021 e xa incorporan a nota OPE das probas selectivas celebradas en setembro e outubro pasados, seleccionando a maior das puntuacións obtidas pola persoa aspirante nos dous últimos procesos nos que, de ser o caso, tivera participado.

 

Como aspectos destacados do baremo, cómpre salientar a incorporación, dentro do apartado de experiencia profesional, dunha puntuación adicional específica pola prestación de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria así como pola prestación de servizos en centros illados, que valora o compromiso, dedicación e implicación dos/das profesionais nun contexto sanitario de especial dificultade así como en centros, que pola súa ubicación xeográfica, resultan de difícil cobertura.

 

No Diario Oficial de Galicia de hoxe tamén se publican os resultados definitivos de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría, de recente creación (Decreto 34/2021, do 11 de febreiro), de persoal médico de Hospitalización a Domicilio. Neste caso, o número de persoas admitidas é de 83.

 

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de contratación de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

 

A efectos de chamamentos entrarán en vigor a partir de mañá, xoves, 28 de abril.

 
 

Próximas publicacións

 

Proximamente publicaranse os resultados definitivos do proceso de actualización das listas de selección temporal das seguintes categorías: cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, pinche, celador/a, celador/a quenda discapacidade intelectual, técnico/a en farmacia, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a  superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico/a superior en radioterapia.