Marta Fernández-Tapias participa na homenaxe ás vítimas do párkinson

A delegada territorial da Xunta en Vigo mostrou o apoio decidido da Administración autonómica para promover as condicións necesarias “para lograr unha integración real e efectiva”

Vigo, 26 de abril de 2022.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, participaron este martes no acto conmemorativo polo Día Mundial del Parkinson que la Asociación Párkinson Vigo organizou na Praza da Estrela.

 

A representante autonómica exaltou o traballo que a asociación realiza en Vigo tanto cos enfermos como cos seus familiares co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ademais de mostrar todo o apoio do Goberno galego co traballo de sensibilización e concienciación social con respecto a esta doenza.

 

Deste xeito, Fernández-Tapias mostrou o apoio decidido da Administración autonómica para promover as condicións necesarias “para lograr unha integración real e efectiva” dos enfermos de Párkinson, tanto na vida social como na laboral.

 

Durante a homenaxe celebrada nos xardíns da Praza da Estrela, onde atópase o monumento adicado a todas as persoas que sofren Parkinson, a familias de tres vítimas da enfermidade recibiron un diploma honorífico.

Imaxes relacionadas