A Xunta explora as posibilidades da valorización enerxética de residuos orgánicos

Lugo, 26 de abril de 2022

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá nun novo Encontro Enerxético que, nesta ocasión, se centrou na valorización enerxética dos residuos orgánicos.

 

No encontro, púxose en valor a aposta da Xunta de Galicia polas enerxías limpas e o seu apoio a iniciativas que tratan de valorizar, desde o punto de vista enerxético, residuos de orixe orgánica para, por exemplo, a producción de gas renovable.

Imaxes relacionadas