A Xunta participa no Consello Nacional de Protección Civil para avanzar na coordinación ante as emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe á reunión do IV Pleno do Consello Nacional de Protección Civil

Madrid, 25 de abril de 2022

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe en Madrid na reunión do IV Pleno do Consello Nacional de Protección Civil presidido polo ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, no que participaron as comunidades autónomas.

 

Na xuntanza, abordouse a elaboración do Plan Nacional de Redución de Risco de Desastres Horizonte 2035 co obxectivo da mellora de prevención e respostas das ameazas vinculadas ao cambio climático en coordinación coas administracións estatais, autonómicas e locais.

 

Ademais, no transcurso da reunión aprobouse a declaración deste 2022 como Ano da Autoprotección e presentouse a campaña Municipio Seguro, dirixida a fomentar accións de protección civil no ámbito municipal.