A Xunta destaca o papel da feira de maquinaria e artesanía de Cospeito na dinamización da economía local

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración do encontro, que durante toda a fin de semana reunirá máis dun cento de expositores

Cospeito (Lugo), 23 de abril de 2022.- O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe en Cospeito na inauguración da XXVI Feira de Maquinaria Usada e Artesanía e XV Feira de Antigüidades, que durante toda a fin de semana reunirá a arredor de 120 expositores na capital do municipio, Feira do Monte.

 

Durante a visita, o director xeral salientou a importancia deste tipo de encontros polo impulso que supoñen á economía local, dinamizando o comercio e a actividade empresarial da zona e atraendo ao municipio numerosos visitantes, ao tempo que contribúen á cohesión social e territorial do rural galego.