A Xunta asiste á inauguración da Comisaría Local da Policía Nacional de Ribeira

Ribeira (A Coruña), 22 de abril de 2022

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu esta mañá a inauguración da comisaría local da Policía Nacional en Ribeira, na que participou o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. As novas instalacións, situadas na avenida das Airós, no lugar de Fontán, darán cobertura a toda a comarca da Barbanza.

Con este cambio de localización, as oficinas da nova sede da Policía Nacional en Ribeira serán máis amplas e luminosas e facilitarase o traballo dos profesionais adscritos ao cadro de persoal ribeirense. O Goberno galego puxo en valor a importancia de contar cun corpo de seguridade do Estado que vixíe e controle a seguridade e benestar dos cidadáns.
 

Imaxes relacionadas