Marta Fernández-Tapias pon en valor o comercio local na presentación da campaña Día da Nai na Zona Náutico Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentan a campaña do “Día da Nai” na Asociación Zona Náutico

 “Grazas a esta iniciativa incentivaremos e daremos visibilidade a unha das zonas máis visitadas da cidade, tanto por turistas como polos cidadáns”, apuntou a representante autonómica

Vigo, 22 de abril de 2022.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentaron este venres a campaña do “Día da Nai” da man da Asociación de Comerciantes e Hosteleros Zona Náutico, representada polo seu presidente, Rubén Pérez.

 

Nun acto celebrado na terraza do Hotel Nagari, a representante autonómica destacou a zona comercial do Náutico como un eixo comercial de primeira liña para visitantes. “Grazas a esta iniciativa incentivaremos e poremos en valor unha das zonas máis visitadas da cidade, tanto por turistas como polos cidadáns que se aproximan á Alameda, As Avenidas”, sinalou.

 

Pola súa banda, Manuel Heredia destacou a liña de axudas outorgadas desde a Dirección Xeral de Comercio e Consumo asociacións de comerciantes e federacións, así como as subvencións para implantar e impulsar a estratexia dixital e modernizar o sector comercial. En total, as axudas en Vigo e na súa comarca superaron os 800.000 euros en 2021.

 

“O obxectivo principal é atender a demanda do asociacionismo, desde a Xunta sempre traballamos da man dos comerciantes e xa puxemos a súa disposición máis de 15 millóns, porque o noso traballo é seguir dando resposta aos asociados despois de estes dous anos tan duros”, apuntou Heredia.

 

A través da campaña do “Día da Nai”, os responsables de Zona Náutico, pretenden dar visibilidade a área comercial de toda contorna, un espazo aberto ao mar no centro da cidade.  “Estamos moi esperanzados nesta situación da saída da pandemia”, indicou Rubén Pérez tras agradecer a implicación da Xunta para colaborar co sector.

 

Imaxes relacionadas