A Xunta pon en valor os avances que deu o Goberno galego para mellorar a accesibilidade do camiño

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu no Obradoiro ao presidente da Asociación Jacobea Irún-Bidasoa, José Ignacio Galzacorta, que percorreu xunto ao seu neto o Camiño a cabalo

Santiago, 22 abril de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, achegouse ata a praza do Obradoiro para recibir ao presidente da Asociación Jacobea Irún-Bidasoa, José Ignacio Galzacorta, que remataba a súa peregrinación a cabalo xunto ao seu neto, que é invidente.

No recibimento, Nava Castro estivo acompañada por Jorge Martínez Cava, presidente da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, polo director de ONCE en Santiago, Jose Antonio Ribeiro Canosa, e por Ildefonso de la Campa, director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño.

A súa chegada ao Obradoiro, a directora de Turismo de Galicia remarcou os avances que o Goberno galego ten dado para facer un Camiño máis accesible e máis adaptado ás necesidades de todo tipo de peregrinos. Neste sentido, Castro puxo en valor a importancia do Camiño de Santiago como o mellor embaixador do destino e como ferramenta de promoción e de posicionamento de Galicia como destino do turismo familiar e de calidade.

A directora de Turismo de Galicia remarcou, así mesmo, as boas cifras que está acadando o Camiño de Santiago, posto que xa se expediron máis de 22.000 compostelas no que vai de mes.

Imaxes relacionadas