A Xunta destaca a importancia das actividades musicais nos centros de maiores durante a actuación do cuarteto da Coral Casablanca en Porta do Camiño

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá a residencia de maiores Porta do Camiño, que acolleron unha nova edición das actuacións musicais que a Xunta está a programar nos centros públicos autonómicos e que foran suspendidas ante as medidas de contención da covid-19.

Durante o acto, Fernando González Abeijón destacou a importancia destas actividades, que correrán a cargo do cuarteto Fundación Casablanca de Vigo, para manter o ánimo e a vitalidade das persoas usuarias. O Goberno galego retomou estas actividades a última semana de marzo na residencia de maiores da Pobra do Caramiñal. As actuacións continuarán nos centros de Burela, Nosa Señora dos Miragres de Barbadás e Caranza-Ferrol ao longo do mes de abril.
 

Imaxes relacionadas