A Policía Autonómica incauta preto de 10 quilos de percebe extraído ilegalmente no faro de Corrubedo

Os axentes localizaron nas proximidades do faro a un varón extraendo percebe das rochas, malia estar prohibida a súa extraccións

O infractor xa foi denunciado en varias ocasións por realizar esta práctica

Os percebes comisados foron entregados nun centro benéfico

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

Axentes do grupo de investigación ERPOL da Policía Autonómica de Santiago incautaron preto de 10 quilos de percebe extraido ilegalmente nas inmediacións do faro de Corrubedo, no concello de Ribeira.

 
 

O pasado 18 de abril os axentes localizaron nas proximidades do faro de Corrubedo a un varón extraendo percebe das rochas, malia estar prohibida a súa extracción. Ademais a maioría do percebe comisado non contaba co talle mínimo esixido. O infractor xa foi denunciado en varias ocasións por realizar esta práctica e os percebes requisados foron entregados nun centro benéfico.

Imaxes relacionadas