A Xunta destaca o valor da formación hostaleira de calidade no 59ª congreso de EUHOFA que se celebra en Santiago

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada da apertura oficial deste congreso internacional que acolle Santiago a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Nava Castro puxo en valor a profesionalización do sector turístico e resaltou a oferta formativa especializada que oferta o CSHG .

Entre 70 e 50 escolas de arredor do mundo participan neste congreso que ten lugar entre o 20 e o 23 de abril de 2022.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022.-

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de inaugurar o 59 Congreso de EUHOFA, que acolle Santiago desde hoxe e ata o vindeiro sábado, 23, e no que participan entre 70 escolas de formación hostaleira internacional.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), como entidade asociada a EUHOFA, exerce este ano como anfitrioa do congreso. A EUHOFA é unha asociación formada por directores de escolas de hostalería e decanos de colexios e universidades de hostalería que traballan para garantir a máxima calidade educativa dos seus institutos.

No seu 59 aniversario, Santiago de Compostela acolle a preto de 80 representantes destas escolas, pertencentes a máis dunha ducia de países do mundo, dende Nepal ata México, Kenia ou os EEUU. A maioría dos participantes son internacionais, máis do 90%.

Durante a súa intervención, Nava Castro fixo fincapé na importancia da formación académica e a profesionalización deste sector para dar resposta aos cambios que estamos a ver debido á globalización e a gran competitividade turística ao tempo que destacou o valor engadido que ofrece a formación no CSHG polo seu alto grao de especialización e internacionalización das prácticas que oferta ao seu alumnado.

Así mesmo, puxo en valor a nova oferta formativa que dende este ano está a ofrecer o CSHG a través da Universidade de Santiago de Compostela, o Grado en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira, que permitirá aos alumnos acadar unha formación tanto teórica como práctica homologada e de excelencia.

O congreso desenvolverase con clases maxistrais impartidas por profesionais do sector e completarase cunha axenda de visitas turísticas e culturais a diferentes lugares de interese turístico de importancia para Galicia como as Rías Baixas, a Catedral de Santiago ou a Cidade da Cultura de Galicia.

Imaxes relacionadas