Trenor visita a unidade móbil de información para refuxiados ucraínos que permanecerá dous días na Delegación da Xunta na Coruña

— Ofrecerá información, asesoramento e axuda naqueles trámites necesarios para as persoas refuxiadas como a escolarización de menores, o acceso á sanidade ou cursos de competencias lingüísticas para a súa inserción no mundo laboral

    Percorrerá distintos lugares da Comunidade durante os próximos tres meses

A Coruña, 21 de abril de 2022.- O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá a unidade móbil posta en marcha pola Xunta, en colaboración coa Cruz Vermella, para ofrecer apoio e asesoramento ás persoas refuxias de Ucranía. Este vehículo permanecerá dous días diante da Delegación da Xunta na Coruña para continuar percorrendo as cidades e as localidades con máis poboación refuxiada.

Trenor felicitou a ao persoal que estará nesta unidade, unha intérprete e unha traballadora social, polo traballo que van a levar a cabo nos vindeiros tres meses de ofrecer información, asesoramento e axuda sobre todos os trámites que debe facer a poboación refuxiada e os servizos que teñen á súa disposición. Trátase dunha axuda fundamental para as persoas refuxiadas especialmente nos primeiros momentos nos que son necesarios moitos trámites para poñer a súa disposición todos os recursos que a Xunta puxo en marcha para facilitar a súa estadía en Galicia.

 

Entre outras cuestións axudaranlle a ter información sobre como obter a documentación sanitaria que lle permita acceder ao sistema público de saúde, como escolarizar aos seus fillos nun dos centros da comunidade, e como acceder a cursos de formación en competencias lingüísticas para facilitar a súa inserción no emprego.

 

As consultas tamén se poden trasladar a través do e-mail galicia@cruzroja.es ou por teléfono ao whatsapp 604044018.

Imaxes relacionadas