O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe nunha nova reunión da Comisión Interautonómica de Infancia e Familia

A Xunta solicita ao Goberno central información sobre a previsión de chegada de menores do sistema de protección de Ucraína

Galicia trasladou a súa vontade de compartir os datos dos que dispón sobre os menores deste país que xa conten con algunha medida de protección na Comunidade

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022.-

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, solicitou ao Goberno central que facilite coa maior axilidade posible información sobre as previsións de chegada de menores do sistema de protección de Ucraína a España.

 

Jacobo Rey fixo esta demanda nunha nova reunión da Comisión Interautonómica de Infancia e Familia sobre a situación dos menores procedentes de Ucraína, para que os gobernos autonómicos poidan realizar unha planificación que permita facer o mellor acollemento posible.

 

Así mesmo, trasladou a disposición de Galicia de compartir os datos dos que dispón sobre os menores deste país que xa conten con algunha medida de protección na Comunidade.

 

Neste sentido, o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e as Comunidades Autónomas acordaron seguir traballando en compartir esta información para favorecer a detección de posibles casos de desprotección e mellorar a atención que se lle está a prestar ás nenas e nenos vulnerables que están a sufrir as consecuencias deste conflito bélico.

Imaxes relacionadas