O Atlantic Fest únese á programación do Xacobeo 21-22 da man dos concertos no escenario Xacobeo

O festival de música de Vilagarcía de Arousa, se celebrará entre o 15 e o 17 de xullo co apoio da Xunta de Galicia
 
Coa confirmación hoxe do concerto de Izal, os organizadores pechan un atractivo cartel que xa ten á venda as entradas a través da súa web www.atlanticfest.com
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022.-

A celebración deste segundo Ano Santo segue sumando eventos na súa programación, dentro da iniciativas Concertos do Xacobeo. Hoxe, o Atlantic Fest 2022 completaba o seu cartel co anuncio do concerto de Izal, que actuará neste festival de música que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xullo en Vilagarcía de Arousa. Izal, considerado coma un dos mellores directos que hai agora mesmo na escena nacional, actuará en Atlantic Fest dentro da programación de Xacobeo 21-22.

A confirmación de Izal completa o cartel do festival deste ano, xunto a Quique González, Lorena Alvarez, Luís Fercán, Nueve Desconocidos, Diamante Negro e Os Peregrinos. De feito o concerto de Izal será moi especial porque será a última ocasión de velos en directo en Galicia e farano subidos ao escenario Xacobeo 21-22 o sábado 16 de xullo. Un escenario que tamén pisará o músico madrileño Quique González, que visita Atlantic Fest por primeira vez para presentar o seu decimotercerio disco “Sur en el Valle”.

O Atlantic Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22 xunto cos xa confirmados Andrés Calamaro, Fangoria + Nancys Rubias, Los Planetas, La Casa Azul, María Arnal i Marcel Bagés, Rojuu, Los Hermanos Cubero, El Último Vecino, Depresión Sonora, Kora, Las Dianas o Rocío Saiz.

As entradas atópanse á venda na páxina web oficial do festival www.atlanticfest.com ao prezo de 55 euros até o 15 de maio.

Imaxes relacionadas