A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou hoxe as novas instalacións situadas no concello de Ribeira

A Xunta sinala que o PEF da Barbanza converteuse en só un ano nunha realidade e beneficiará a ducias de familias da comarca

Con este Punto de Encontro Familiar amplíase a rede autonómica, que actualmente tan só tiña presenza nas sete cidades

Nos vindeiros meses iranse achegando estes centros a outras localidades de Galicia

As instalacións ribeirás permitirán que os 66.000 barbanzáns e barbanzás non teñan que trasladarse ata Santiago ou Coruña para realizar as súas visitas

Ribeira (A Coruña), 19 de abril de 2022.-

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que o Punto de Encontro Familiar (PEF) da Barbanza converteuse en só un ano nunha realidade e beneficiará a ducias de familias da comarca. O Goberno galego iniciou en Ribeira a extensión dos Puntos de Encontro Familiar, que ata agora tan só tiñan presencia nas sete cidades. Nos vindeiros meses iranse achegando novos centros a outras localidades de Galicia.

 

A conselleira destacou que os Puntos de Encontro Familiar representan un recurso fundamental para as familias e moi especialmente para os nenos en risco de desprotección. Este servizo ofrece un lugar neutral e seguro para realizar as visitas establecidas por lei dentro dun proceso de separación.

 

Fabiola García lembrou que en menos dun ano a Xunta puxo en marcha este centro, que permitirá que os 66.000 barbanzáns e barbanzás non teñan que trasladarse ata Santiago ou á Coruña para ter un servizo de atención á infancia. Así mesmo, destacou que este PEF estará xestionado por Meniños, unha entidade cunha sólida traxectoria, centrada na atención á infancia e que xa está a labor a cabo este labor no Punto de Encontro Familiar de Pontevedra.

Imaxes relacionadas