O alto nivel segue a medrar en Galicia: 634 recoñecidos na última resolución, con 539 DGAN

Carlos Arévalo (piragüismo), Támara Echegoyen (vela) e Sebastián Rodríguez Veloso 'Chano' (natación-deporte adaptado) únense a Carlos Pérez 'Preucho' (piragüismo) como deportistas galegos de alto nivel vitalicios

 

Santiago, 18 de abril de 2021.- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 4 de abril de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de persoas deportistas recoñecidas como de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa. En total, contabilizáronse 189 solicitudes das que 151 foron recoñecidas e 38 desestimadas ben por non cumprir os méritos deportivos ou ben por irregularidades no trámite administrativo. Despois desta última resolución, Galicia conta con 634 deportistas recoñecidos (240 mulleres e 394 homes) dos que 539 son deportistas galegos de alto nivel (204 mulleres e 335 homes), 18 deportistas de alto rendemento (8 mulleres e 10 homes), 59 de rendemento deportivo de base (24 mulleres e 35 homes), 10 técnicos (1 muller e 9 homes), 2 árbitros (1 muller e 1 home), 2 xuíces (1 muller e 1 home) e 4 vitalicios (1 muller e 3 homes). Ademais un toal de 10 deportistas galegos de altio nivel (4 mulleres e 6 homes) contan con algunha discapacidade.

Cómpre lembrar que estas novas categorías introducíronse grazas á aprobación do novo decreto de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base publicado polo DOG o pasado 29 de setembro de 2020. Deste xeito, ademais do deporte de alto nivel de Galicia, tamén se recoñece o alto rendemento deportivo -práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo- e o rendemento deportivo de base -etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel-. O mesmo ocorre coas categorías de técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo. Entre os deportistas de alto nivel recoñecidos nesta última resolución destacan, dez deportistas con discapacide (4 mulleres e 6 homes).

Entre os deportistas recoñecidos nesta última resolución, destacan Alberto Abalde (balonceso), Agustín Alejos (baloncesto en cadeira de rodas), Iván Ares (automobilismo), Esperanza Barreras (surf) ou Saleta Fernández (atletismo) como deportistas galegos de alto nivel. Ademais tamén cómpre salientar os recoñecementos de Carlos Arévalo (piragüismo), Támara Echegoyen (surf) e Sebastián Rodríguez Veloso 'Chano' (natación-deporte adaptado) que se unen a Carlos Pérez 'Perucho' (piragüismo) na categoría de deportistas galegos de alto nivel vitalicios. José Ángel Torres, José MIguel Nogueira e Jesús Benito (taekwondo), Marcial Romero (judo), Javier Fernámdez (balonmán) e José Manuel Ayude (kickboxing) foron recoñecidos como técnicos; e Manuel Franco (tenis), Marta Felpeto (piragüismo) o fixeron como xuíces.