Fabiola García, nomeada dama da Orde da Alquitara da Festa da Augardente de Portomarín, que este ano celebra o seu medio século de vida

Portomarín (Lugo), 17 de abril de 2022.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, foi nomeada este mediodía dama da Orde Serenísima da Alquitara da Festa da Augardente de Portomarín, que este Domingo de Pascua celebra a súa quincuaxésima edición. A distinción que outorga o Cabildo Xeral da Orde Serenísima da Alquitara ten como finalidade promover os beneficios desta bebida destilada.

 

A celebración, que se retoma este ano logo de dous anos de parón por mor da covid-19, é unha homenaxe aos aguardenteiros que durante décadas destilaron de modo tradicional este licor. Así, con motivo da cita, cuxo pregón correu a cargo da actriz Benedicta  Sánchez, organízanse diferentes actividades como actuacións musicais ou a cata do mellor augardente da localidade.

Imaxes relacionadas