A Xunta destaca a importancia do sector vitivinícola no desenvolvemento dun turismo de calidade e sustentable

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe á clausura da XL Feira do Viño de Quiroga, onde destacou o potencial do enoturismo para fomentar a actividade turística e a dinamización económica das zonas das Denominación de Orixe vitivinícolas

Nesta edición participaron unha ducia de adegas con DO Ribeira Sacra e tamén estivo presente unha adega de orixe do Ribeiro como convidada na feira

Quiroga (Lugo), 17 de abril de 2022.-

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acudiu á segunda xornada da XL Feira do Viño de Quiroga, onde puxo en valor a calidade do viño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o valor dos produtores amparados baixo esta D.O, así como o potencial que ten o enoturismo como ferramenta de dinamización socioeconómica e de impulso dun turismo de calidade e sustentable para este territorios.

Na súa intervención, Nava Castro fixo fincapé na importancia do sector vitivinícola na nosa cultura e describiuno como un dos eixes da sociedade e a cultura de Galicia. Así mesmo, incidiu a necesidade deste tipo de iniciativas en aras a facer visible as riquezas da nosa terra na búsqueda de atraer un maior número de turistas e incentivar así o turismo naquelas zonas onde o despoboamento afecta de maior maneira.

A Feira cumpre 40 anos dende a súa primeira edición, converténdose nun dos eventos relacionados co mundo do viño máis importantes da Ribeira Sacra. Este ano participaron unha ducia de adegas da D.O. Ribeira Sacra e unha adega con DO Ribeiro como invitada.

Os viños do Val de Quiroga atópanse dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. No seu haber encóntranse variedades de branco, como o godello, e de tinto, como o Mencía, facendo das súas elaboracións un verdadeiro reclamo.