O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo un encontro con representantes da asociación

A Xunta renova o compromiso de colaboración con Asfega para a celebración da súa xornada de convivencia anual

A entidade celebra un encontro na Residencia de Tempo Libre do Carballiño para avanzar na concienciación e sensibilización destas enfermidades metabólicas

 

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2022.- O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo unha reunión con representantes da Asociación Fenilcetonúrica y OTM de Galicia (Asfega), na que se renovou o compromiso de colaboración da Xunta coa entidade para a celebración da súa xornada de convivencia anual, que se celebra na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

 

Jacobo Rey puxo en valor todo o esforzo que realiza Asfega para apoiar, informar e asesorar ás persoas con enfermidades metabólicas hereditarias e ás súas familia desde hai anos.

 

Así mesmo, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica destacou a importancia que ten a xornada anual sobre enfermidades metabólicas e que se celebra na Residencia de Tempo Libre da Xunta no Carballiño, para avanzar na concienciación e sensibilización destas enfermidades, nas que a detección precoz é moi importante.

 

No encontro organizado por última vez en outubro de 2021, Asfega contou coa presenza de profesionais médicos, investigadores e especialistas en nutrición para falar das dietas e a nutrición máis axeitada para os afectados por esta doenza, ou das estratexias e recursos para a mellora dos tratamentos en adolescentes e adultos.

Imaxes relacionadas