Trenor reúnese coa alcaldesa de Boimorto para recoller varias propostas de colaboración con este Concello

A Coruña, 12 de abril de 2022.-

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, reuníronse esta mañá para abordar temas de interese común e para recoller as propostas da rexedora e comprometeuse a estudalas.

 

Trenor animou á rexedora a seguir traballando como ata agora polos seus veciños e trasladou o apoio do Goberno galego para sacar adiante os proxectos necesarios e urxentes para o Concello.

Imaxes relacionadas