A Xunta expón o novo modelo de atención sociosanitaria de Galicia no Congreso Internacional Lares-EAN que se celebra en Alacante

Alacante (Comunidade Valenciana), 12 de abril de 2022

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá na mesa Los cuidados: una mirada desde el territorio, celebrada no marco do XVI Congreso Internacional Lares-EAN, onde explicou o novo modelo de atención sociosanitaria que se está a implantar en Galicia.

 

O director xeral explicou que este novo modelo baséase no principio de poñer á persoa no centro dos coidados, o que o converte nun sistema máis persoal e adaptado a cada usuario. Para iso, foméntase a participación dos usuarios na toma de decisións, de maneira que sexan eles quen decidan onde e como vivir esta etapa das súas vidas. Antón Acevedo enumerou os programas e iniciativas postos en marcha desde a Xunta de Galicia para acadar este obxectivo, como Xantar na casa ou Coidados porta a porta, entre outros.

Imaxes relacionadas