A Xunta acompaña á veciñanza na celebración da XLII Feira do Viño de Amandi

Sober (Lugo), 10 de abril de 2022

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiron hoxe á celebración da XLII Feira do Viño de Amandi, festa de Interese Turístico, que ten lugar no concello de Sober este sábado e domingo. Acompañaron á veciñanza nos actos deste día que retomaron a súa normalidade tras a pandemia da covid-19.

A programación do evento contempla actuacións musicais, entrega de premios e un pregón a cargo do actor Chechu Salgado. Así mesmo, tamén se porá en valor a calidade deste viño e o traballo dos seus fundadores Manuela Valdés e Nilo Vila.