A Xunta mellora a imaxe do Camiño da Vía da Prata ao seu paso por Boqueixón coa renovación da marxe da praza do Cruceiro en Rubial

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Boqueixón visitaron os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemen-to do Camiño.

O Concello foi un dos beneficiarios desta liña de apoio dotada con 1,5M€ e que permitiu investir 21.000 euros neste municipio

Esta liña de axudas enmárcase no Plan Camiña do Goberno galego para avanzar na reactivación do turismo galego

Boqueixón (A Coruña), 6 de abril de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, visitaron esta mañá as obras de embelecemento da Vía da Prata que supuxeron un investimento de 27.300 euros neste concello, dos que a Xunta asumiu 15.000 euros.
Os traballos consistiron na mellora da marxe do viario na praza do Cruceiro no núcleo rural de Rubial, nunha superficie de 150 m2. Concretamente, executouse a pavimentación continua herba-formigón de 10 cm de espesor, sobre 20 cm de solo seleccionado, previo acondicionamento da zona co seu despexe e desbroce e co movemento de terras preciso. Ademais, construíuse un muro de 33 m de lonxitude e 4 metros de altura media para poder nivelar a superficie. A actuación contemplou tamén a reubicación dos contedores mediante a creación dunha soleira de 12 cm e a súa ocultación cun panelado de madeira. Finalmente, tamén se levou a cabo a Iinstalación dunha mesa de pedra granítica cos seus respectivos bancos e a reubicación da marquesiña existente e do monolito de pedra.
Así, as actuacións permitiron avanzar no embelecemento da contorna deste itinerario, contribuindo a embelecer os trazados, mellorando as contornas ambientais, paisaxísticas e arquitectónicas e poñendo en valor o Camiño.
O Concello de Boqueixón foi un dos beneficiarios desta liña de apoio convocada en 2021 e dotada con 1,5 millóns de euros que permitiu investir 21.000 euros neste municipio. Xunto con Boqueixón, outros 9 da comarca de Santiago, beneficiáronse das axudas con 118.000 euros que mobilizaron 124.000 euros para acometer actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago e que se repartiron entre os concellos de Boqueixón, Ames, Arzúa, Boimorto, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, Teo e Toques.
Trenor destacou que esta liña de axudas enmárcase dentro do Plan Camiña co que o Goberno galego quere seguir traballando para a reactivación do turismo galego, a través do apoio ao sector turístico, ás entidades locais como con esta convocatoria, ou a mediante a posta en marcha doutras accións e liñas de axuda que permitan seguir incrementando a calidade e a formación sector turístico galego.

Imaxes relacionadas