Fernández-Tapias comproba o resultado das obras de eficiencia enerxética no CEIP Illas Cíes

A delegada territorial da Xunta en Vigo explica que se investiron preto de 48.000 euros nesta intervención, na que se renovaron os falsos teitos e luminarias e se destinaron 25.000 euros á ampliación da superficie da biblioteca escolar

Informa que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten programadas o en marcha nos centros vigueses obras por un importe de máis de 4 millóns de euros

Vigo, 4 de abril de 2022

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, comprobou esta mañá o resultado das obras de eficiencia enerxética e funcional realizadas no CEIP Illas Cíes, onde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de investir preto de 73.000 euros.
Os traballos consistiron, segundo explicou a representante autonómica, na renovación completa das luminarias e os falsos teitos. Asemade, se destinaron 25.000 euros á ampliación da biblioteca escolar duplicando a súa superficie. Unhas actuacións que, tal e como informou, consistiron en adecuar os espazos ás novas necesidades, realizando cambios de distribución na procura de mellorar a súa funcionalidade.
Fernández-Tapias cifrou hoxe en máis de 4 millóns de euros as obras de mellora que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten programadas o en execución varios centros escolares de Vigo, en cumprimento cos estándares establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
Ao fío, sinalou que Vigo é a cidade á que o Goberno galego vén destinando a maior inversión en materia educativa de Galicia, e fixo referencia á adaptación edificio contiguo ao CEIP Virxe do Rocío, que albergará a sede administrativa do Centro de Formación e Recursos do Profesorado (CFR); á rehabilitación integral do IES San Tomé de Freixeiro (1,2M€), un proxecto pensando na eficiencia enerxética; ás cubertas do CEIP A Doblada (139.000 euros); e á reforma do ximnasio e os vestiarios do IES Alexandre Bóveda (282.000 euros).
Tras indicar que os máis de 27 millóns de euros investidos en Vigo desde o 2009 converten á cidade no concello de Galicia con maior investimento neste ámbito, sinalou que todas estas actuacións enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para transformar os centros educativos ás novas necesidades post-pandemia, e que conta cun orzamento de 191M€ para o período 2021-2024.
Fernández-Tapias fixo así referencia ao IES de Navia que o Goberno galego ten comprometido no barrio vigués como unha das actuacións máis ambiciosas da nova planificación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para a que se reservan 8 millóns de euros.
A delegada territorial, incidiu en que os orzamentos deste ano xa recollen unha partida específica para esta infraestrutura, “como a mellor garantía -dixo- do compromiso da Xunta co novo centro”.

Imaxes relacionadas