Lete Lasa lamenta o falecemento de Javier Imbroda, "compañeiro no deporte e na administración de gran importancia para o baloncesto"

Santiago, 3 de abril de 2022

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, transmitiu na mañá de hoxe o pésame en nome de todo o deporte galego polo falecemento do que fora seleccionador español de baloncesto e conselleiro de Educación e Deporte da Junta de Andalucía, "compañeiro no deporte e na administración de gran importancia para o baloncesto nacional en particular pero para todo o sector deportivo nacional en xeral".
O mandatario galego destacou o legado de Javier Imbroda que "deixou a súa impronta no vasto número de equipos que chegou a adestrar e na selección española, á que adestrou entre 2001 e 2002 iniciando o ciclo vitorioso do combinado nacional cunha medalla de bronce no Eurobasket de Turquía".
"Figuras co compromiso de Javier, referentes no deporte que despois toman os mandos na administración, son moi necesarias na política deportiva deste país", sinalou en agradecemento a toda a súa carreira.