A Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza acordan solicitar máis unidades xudiciais e maxistrados para Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Xustiza

Alfonso Rueda subliñou que se acordou solicitar un Xulgado de Instancia en Lugo, dous maxistrados da sección penal: un na Audiencia Provincial de A Coruña e outro na de Pontevedra

Ademais de un Xulgado de Instancia na Coruña, un Xulgado de Instancia en Vigo, un xuíz de adscrición territorial en Ourense, un Xulgado do Social en Ferrol, un Xulgado en Ribeira, un Xulgado en Vilagarcía de Arousa e un Xulgado en Viveiro
 

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a Comisión Mixta de Xustiza, onde acordaron solicitar xa máis unidades xudiciais e maxistrados para Galicia. O Ministerio aínda non comunicou o número de unidades coas que contar neste ano 2022.

Nunha decisión consensuada, Xunta e TSXG acordaron solicitar novos Xulgados, en base ás cargas de traballo das unidades xudiciais de toda Galicia. Así, priorizouse a creación do Xulgado de Instancia en Lugo, dous maxistrados da sección penal (un na Audiencia Provincial de A Coruña e outro na de Pontevedra), un Xulgado de Instancia na Coruña, un Xulgado de Instancia en Vigo, un xuíz de adscrición territorial en Ourense, un Xulgado do Social en Ferrol, un Xulgado en Ribeira, un Xulgado en Vilagarcía de Arousa e un Xulgado en Viveiro.

A Xunta aceptará e financiará tódalas unidades xudiciais que outorgue o Ministerio de Xustiza, unha vez que chegue a comunicación na que se estableza o número asignado e comprométese a poñelas en marcha no menor tempo posible.
 

Imaxes relacionadas