A Xunta presenta a candidatura de Teresa Portela ao Princesa de Asturias cunha gran participación: preto de 3.500 votos populares e 175 cartas de apoio

Entre as cartas de apoio presentadas destacan as da International Canoe Federation, o Consejo Superior de Deportes, a Delegación do Goberno en Galicia, as tres universidades galegas, as catro deputacións provinciais, o Clúster do Deporte e ás súas empresas asociadas, a AGAXEDE, a FEGAMP, oito federacións deportivas nacionais, 56 federacións deportivas galegas, seis agrupacións deportivas, 48 concellos galegos, 28 clubs deportivos e 11 medios de comunicación

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022

A Xunta de Galicia vén de entregar á Fundación Princesa de Asturias a candidatura de María Teresa Portela Rivas para o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2022 que serán entregados na segunda quincena do mes de outubro.

A candidatura da padexeira galega céntrase no seu “brillante currículo deportivo con 15 medallas mundiais e 17 europeas”. En Toquío converteuse na muller española con maior número de participacións olímpicas, cun total de seis, e acadou unha medalla de prata aos seus 39 anos despois de xuntar cinco diplomas olímpicos. No momento actual prepara no Complexo de Regatas de Verducido a súa clasificación os seus sétimos Xogos. Cómpre salientar asemade, a súa carreira académica coa diplomatura en Maxisterio de Educación Física, o grado en Fisioterapia e o grado de Ciencias dos alimentos que está a cursar na actualidade. Ademais, “o xeito en que compatibiliza a maternidade co deporte de alto nivel serve a moitos e moitas como motivación para loitar polo que se quere acadar e manda unha mensaxe á sociedade na que o deporte é un compañeiro indisociable en calquera etapa da vida”.

A candidatura de Teresa Portela presentada pola Xunta vén avalada por preto de 3.500 votos populares e 175 cartas de apoio. Neste sentido, a Secretaría Xeral para o Deporte quere agradecer a colaboración prestado polos cidadáns, cidadás e institucións que prestaron o seu apoio e colaboraron na candidatura, nomeadamente, a International Canoe Federation, o Consejo Superior de Deportes, a Delegación do Goberno en Galicia, as tres universidades galegas, as catro deputacións provinciais, o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e ás súas empresas asociadas, a AGAXEDE, a FEGAMP, oito federacións deportivas nacionais (Real Federación Española de Piragüismo, Real Federación Española de Hockey, Real Federación Española de Karate y D.A., Real Federación Española de Motonáutica, Real Federación Española de Tenis, Real Federación Española de Vela, Federación Española de Orientación e Federación Esapñola de Pesca y Casting), 56 federacións deportivas galegas (a práctica totalidade), seis agrupacións deportivas (14, A Estrada, Baixo Miño, Terra de Montes, Val do Salnés, Xoga DXT Escolar), 48 concellos galegos (A Laracha, As Pontes, Aranga, Arteixo, Boqueixón, Boiro, Irixoa, Laxe, Melide, Noia, Santiso, Vedra, A Pontenova, Becerreá, Begonte, Folgoso do Courel, Lugo, Monforte, Ourol, Outeiro de Rei, Riotorto, Sober, Viveiro, Allariz, A Rúa, Lobios, Muíños, Nogueira de Ramuín, Ourense, Riós, San Cristovo de Cea, A Estrada, Baiona, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Moaña, Mondariz Balneario, Mos, O Porriño, Poio, Ponte Caldelas Pontevedra, Ribadumia, Silleda, Tomiño, Vilaboa), 28 clubs deportivos (Altruán, As Xubias, Breogán, Cabanas KDM, Cambados, Cidade de Lugo, Cobres, Copacabana, Escola Ourensana, Escola Cidade de Pontevedra, Firrete, Fluvial Allariz, Kayak de Mar Ría de Muros-Noia, Kayak Vigo, Marítimo de Redes, Naval de Pontevedra, CP Portonovo, Ribeiras do Tambre, Río Verdugo, Rodeira, San Ciprián, Tambo Marín, Umia, Verducido, Vilagarcía, Totelum-Kayak, Esgrima Coruña) e 11 medios de comunicación (CRTVG, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, DXT, El Correo Gallego, La Región, Atlántico Diario, COPE Vigo, Radio Vigo, Radio Pontevedra, e O Dez e Zona Press).

Imaxes relacionadas