A Xunta apoia o lanzamento dunha nova marca de calidade do ICTE baseada na sostibilidade turística

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, participaron esta mañá na EGAP nunha xornada de presentación da marca “S Sostenibilidad Turística” e a nova norma técnica que a ampara, impulsada polo Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE)

Nava Castro destacou que Galicia xa é lider en calidade turística e que a sostinibilidade representa outro dos elementos transversais sobre os que se apoia o plan director 2021-2023 Galicia Destino Seguro que está a guiar a recuperación do sector turístico galego.
 

Santiago, 28 de marzo de 2022

Galicia, como un dos territorios lider na calidade turística, acolleu hoxe unha xornada de presentación da nova marca “S Sostenibilidade Turística” e a norma técnica, impulsada polo Instituto para a Calidad Turística Española (ICTE), responsable da xestión da marca Q de Calidad Turística e os destinos SICTED. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, acompañaron ao director xeral do ICTE, Fernando Fraile, quen estivo a cargo da presentación e explicación da nova norma, orientada a empresas e organizacións turísticas.
A sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollía a presentación desta iniciativa, que a directora de Turismo de Galicia indicaba como unha proposta que ía no camiño adecuado. “A sostibilidade, xunto a busca da excelencia, a innovación e a dixitalización son piares sobre os que estamos a construír a recuperación do noso sectort turístico”, explicou Nava Castro, quen destacou que se está a transformar nun elemento transversal, como a calidade, xa que está sendo incorporado a todos os subsectores e por parte das empresas e organizacións do ámbito turístico, xa que é un dos elementos identificados, xunto á seguridade sanitaria, como factores fundamentais para a elección de destino por parte dos viaxeiros post covid.
Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que a Xunta asinou co Clúster de Turismo un convenio por importe de 700.000 euros e unha duración de dous anos para crear e comercializar novos produtos turísticos sustentables, no marc do cumprimento da folla de ruta trazada no Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro, no que a sustentabilidade é un dos seus piares fundamentais, “unha sustentabilidade entendida en 360 graos, desde un punto de vista social, económico e medioambiental, que nos permita dar resposta ás novas necesidades e sensibilidades do viaxeiro construíndo novas propostas de recuperación”, explicou Nava Castro.
A marca e a nova marca impulsada polo ICTE ofrece ás empresas do sector turístico unha ferramenta para aterrar a implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Trátase do terceiro selo co que contará o ICTE tras a 'Q' de Calidade Turística e o certificado Safe Tourism, presentado o 2020.
 

Imaxes relacionadas