Arias destaca o apoio da Xunta ao deporte de base e gaba o labor do Club Náutico e do Club de Remo de Ribadeo

Ribadeo (Lugo), 27 de marzo de 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións do Club Náutico e do Club de Remo de Ribadeo para manter un encontro con responsables de ambas entidades. Arias subliñou o importante papel que xogan na promoción do deporte de base e na dinamización do municipio mediante as diferentes actividades que organizan.

O delegado tamén destacou o apoio da Secretaría Xeral para o Deporte, que destinou 64.500 euros a facilitar a recuperación da actividade por parte de 10 entidades deportivas de Ribadeo logo de dous anos de suspensións e restricións por mor da pandemia. Así, o pasado ano habilitouse unha liña extraordinaria de reactivación, que se sumou aos apoios que se convocan periodicamente para gastos de funcionamento e para a compra de equipamento; ao abeiro desta última, o Goberno galego colaborou co Club Náutico e co de Remo para a adquisición de velas, mastros e unha embarcación para as competicións.

 

Imaxes relacionadas