Política Social participa no comité executivo da Red Española de Albergues Juveniles

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo esta semana unha reunión de traballo no marco do Comité executivo da Red Española de Albergues Juveniles (REAJ), da que forma parte Galicia. Neste encontro virtual abordáronse diferentes medidas e propostas para seguir promovendo o alberguismo xuvenil tras as dificultades provocadas pola pandemia da covid-19, como a posta en marcha dos 800 bonos albergues REAJ para persoas mozas de 18 a 30 anos, que se poden canxear nas diferentes instalacións de toda España asociadas ao programa ata o mes de xuño.

Cómpre destacar que Galicia conta con 12 albergues que forman parte da REAJ e, dos que os bonos pódeense empregar nos seguintes, adheridos á campaña: Albergue Equal Sociedad Cooperativa Galega (Coles, Ourense), Albergue Bela Muxía, Albergue Monte do Gozo (Santiago de Compostela), Albergue Gandarío (Bergondo), Albergue LUG2 (Lugo) e Albergue O Castro (Vigo).

 

Imaxes relacionadas