A Xunta destaca a traxectoria da Asociación Galega de Lupus na celebración do seu 25 aniversario

Ribeira (A Coruña), 27 de marzo de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá no acto de celebración dos 25 anos da Asociación Galega de Lupus (AGAL). O acto consistiu na plantación de 25 árbores, unha por cada ano de vida da asociación, no parque periurbano de San Roque, en Ribeira.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto Landra, que está a desempeñar a súa labor na conciencia do coidado do medio ambiente e nas alternativas sostibles que equilibren a natureza. O director xeral sinalou que esta entidade realiza un traballo fundamental de apoio ás persoas con esta doenza e ás súas familias, e apuntou que lles permiten realizar a súa vida con todo o apoio.

Imaxes relacionadas