A Xunta recibe á escritora uruguaia Ida Vitale, premio Cervantes en 2018, na súa primeira visita a Galicia

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantivo un encontro en Santiago de Compostela coa poeta uruguaia Premio Cervantes en 2018, Ida Vitale, que visita estes días por primeira vez en Galicia antes de participar nun acto especializado sobre poesía. O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade agradeceu a súa contribución por universalizar a poesía entre o gran público e puxo de manifesto a importancia deste xénero literario nos últimos anos.

Ida Vitale naceu en Montevideo no ano 1923. É poeta, tradutora, ensaísta, profesora, crítica literaria e membro do movemento artístico denominado Xeración do 45. Recibiu diversos premios, entre eles Premio Octavio Paz (2009) o Premio Alfonso Reyes (2014) o Premio Reina Sofía (2015), o Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca (2016), o Premio Max Jacob (2017) e o Premio Cervantes (2018), converténdose na quinta muller en recibir este galardón. Atópase en España para participar en Bilbaopoesía, un certame profesional que ten lugar estes días en Bilbao, e en Poetas Di(n)versos na Coruña.
 

Imaxes relacionadas