Ethel Vázquez destaca que a pianista Isabel Dobarro, galardoada co ‘VI Premio Executivas de Galicia’, representa a todas as mulleres que logran o éxito profesional a través dun camiño de esforzo e entrega

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participou esta tarde no acto de entrega do VI Premio Executivas de Galicia, outorgado á pianista Isabel Dobarro, figura que dixo representar a todas as mulleres que logran acadar o éxito profesional percorrendo un camiño de esforzo e de entrega.

Ethel Vázquez remarcou o compromiso social desta artista no exercicio da súa profesión, contribuíndo a dotar as novas xeracións de referentes que as guíen na procura do éxito.

Subliñou que todos os membros da sociedade, por riba de sexos, idades ou ideoloxías, deben cultivar a igualdade, un obxectivo transversal cara ao que cómpre seguir avanzando, pois precisa dunha adaptación continua aos novos tempos.

No acto de hoxe tamén participaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Imaxes relacionadas