A conselleira de Política Social participou esta mañá na inauguración do congreso ‘Lo que de verdad importa’

Fabiola García anima a construír unha sociedade na que toda a xuventude poida demostrar o que vale

No encontro participaron tres relator con historias motivadoras como a fotógrafa Angélica Dass, o exfutbolista Julio Alberto Moreno e o creador da ONG Ayúdame 3D, Guillermo Martínez

Lembrou que o Goberno galego pon á disposición da xuventude galega ferramentas e programas para que tamén eles poidan facer realidade os seus proxectos e ideas

Citou como exemplo o programa Xuventude Crea, as axudas no marco de Iniciativa Xove ou o programa Xuventude Mentoring para asesoralos e apoialos na transición cara ao mercado laboral

A Coruña, 25 de marzo de 2022

A conselleira de Política Social, Fabiola García, animou á xuventude a construír unha sociedade na que toda a xuventude teña a oportunidade de demostrar o que vale. Esta mañá participou na inauguración do congreso ‘Lo que de verdad importa’, un encontro motivador destinado a mozos e mozas de distintos centros educativos e do programa Mentor ao que asistiron como relator a fotógrafa Angélica Dass, o exfutbolista Julio Alberto Moreno e o creador da ONG Ayúdame 3D, Guillermo Martínez.

A conselleira lembrou que a Xunta pon á disposición da mocidade galega ferramentas e programas para que as súas ideas e proxectos tamén se convertan en proxectos reais con impacto na sociedade. Como exemplo, citou o programa Xuventude Crea co que o Goberno galego premia as creacións da mocidade galega en 14 disciplinas artísticas; Iniciativa Xove, que ofrece apoio económico para levar a cabo eses proxectos; ou o Xuventude Mentoring, para axudarlles na transición cara ao mercado laboral.

Fabiola García agradeceu á Fundación María José Jove o impulso de congresos coma este que permiten cargar á xuventude de historias motivadoras que os inspiren e os anime a construír unha sociedade mellor. Neste sentido, apuntou que a xuventude galega ten demostrado ser creativa e imaxinativa e asegurou que o Goberno galego estará sempre ao seu carón apoiándoos e dándolle os impulsos que precisen para facer os seus proxectos realidade.

Imaxes relacionadas